Noticias

Páxinas:  1 2

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE M. MATO "SEÑARDADE DA LUZ. A obra poética de Manuel María"

Venres, 3 de xuño no Centro Cívico de Arteixo
Organizado pola Asociación Cultural Monte da Estrela de Arteixo será presentado este ensaio de Miguel Mato sobre a obra poética de Manuel María.

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE M. MATO "SEÑARDADE DA LUZ. A obra poética de Manuel María"

15 de maio ás 20 horas no Kiosco Afonso
Dentro do  programa da FESTA DO LIBRO organizada pola Concellaría de Cultura do concello da Coruña foi presentado este ensaio de MIGUEL MATO sobre a obra poética de Manuel María. O autor, facendo unha análise das [...]

REPRESENTACIÓN TEATRAL EN FAVOR DA CASA MUSEO MANUEL MARÍA

Sábado 14 de maio no Forum Metropolitano da Coruña ás 19 horas
A compañía  “Teatro do Andamio” representou a obra “A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz” dirixida aos nenas e nenas de entre 3 e 9 anos, en beneficio da nosa Fundación.

"GALIZA", UNHA NOVA OBRA INÉDITA DE MANUEL MARÍA SAE Á LUZ

galiza_003.jpg
A coidada edición do libro será presentada publicamente nas cidades e vilas do País.

ROSALÍA SEMPRE VIVA. VIVA ROSALÍA!!. Exposición itinerante sobre Rosalía de Castro

rosalia_sempre_800.jpg
Articúlase en cinco caixas de luz compostas de vinte paneis, nos que se fai unha explicación clara e sintética dos eventos biográficos e literarios fundamentais de Rosalía. Para coñecer os detalles das [...]

OS VECIÑOS DE MANUEL MARÍA COLOCAN UNHA PLACA NA SÚA MEMORIA

p1060594.jpg
Por iniciativa da Asociación de Veciños “Atochas-Monte Alto” da cidade da Coruña, a placa foi situada no portal do edificio deste barrio coruñés onde morou Manuel María nos últimos anos da [...]

MANUEL MARÍA. LÚAS DE OUTONO

cartaz aniversario 2010_640.jpg
Día 7 de setembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña
Uxía interpreta poemas de Manuel María. Recitan poemas Fernán Vello, Pilar Pallarés, Luz Pozo e Cesáreo Sánchez

Sae á luz a obra inédita de Manuel María "Cecais hai unha luz"

im.jpg
A obra está escrita en 1979 e xa está á venda en todas as librarias.

Canto de Permanencia. Homenaxe a Uxío Novoneyra

convitenovoneyra_01.jpg
20 de abril ás 20:30. Teatro Principal de Santiago
Música, audiovisual e poesía. Actuación musical de Uxía Senlle sobre poemas de Novoneyra

Disco do grupo Milladoiro "Unha estrela por guía".

510bj7YbleL.jpg
Gravado en abril - maio de 2006 nos Estudios Cormorán, Galicia. Enxeñeiro: Juan Lameiro. Editado por Discmedi (2006). Disco composto de dez temas con textos do poeta Manuel María e música do grupo. Colaboracións de Leilía, Mabel Rivera e Luis Tosar entre [...]

Xornadas "A Chaira é un poema" (LUGO)

Xornadas dirixidas ao profesorado. Tiñan o obxectivo de dar a coñecer e valorizar a figura e a obra literaria de Manuel María e mostrar que a súa palabra segue viva.

A farsa de Bululú

Representación da peza teatral "A FARSA DE BULULÚ" pola compañía Teatro do Morcego. Estreouse en Pontevedra o 27 de novembro de 2005 e percorreu logo todo o País.

Homenaxe a Manuel María en Lugo

Acto homenaxe a Manuel María realizado en Lugo no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galiza. Día 15 de decembro de 2005 ás 20:00 horas

Instauración do Premio Manuel María á Dignidade Galega

Posta en marcha do Iº PREMIO MANUEL MARÍA Á DIGNIDADE GALEGA. O seu obxecto é distinguir aquela persoa ou institución que destacase na defensa de Galiza.
Páxinas:  1 2